A.C EndoureiroS A.C EndoureiroS
Asociación Ciclista EndoureiroS nace como un grupo o de amigos amantes del Mtb, que disfrutan de la bici de otra forma... Endureando!!
 
 chatChat   BuscarBuscar   MiembrosMiembros   Grupos de UsuariosGrupos de Usuarios   RegistrarseRegistrarse 
 PerfilPerfil   Entre para ver sus mensajes privadosEntre para ver sus mensajes privados   LoginLogin 
VI Ruta Btt Mancomunidade Terras De Celanova. 22 de Junio.

 
Publicar nuevo tema   Responder al tema Foros de discusión -> Marchas y Rutas
Ver tema anterior :: Ver tema siguiente  
Autor Mensaje
toby




Registrado: 09 Ene 2014
Mensajes: 40

Reputación: 21.4Reputación: 21.4


MensajePublicado: Mie May 07, 2014 9:32 am    Asunto:  VI Ruta Btt Mancomunidade Terras De Celanova. 22 de Junio. Responder citando

VI RUTA TERRA DE CELANOVA

DOMINGO 22 DE XUÑO DE 2014!!!

REGULAMENTO XERAL DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

O domingo día 22 de Xuño terá lugar a VI Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova.

Art.1. Está aberta a todo aquel que dispoña damaioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado satisfactoriamente o proceso de inscrición.

Art2. Percorrido e horarios. Conta cun percorrido de dificultade media-alta de aproximadamente 39,4 Km. A Mancomunidade Terra de Celanova como organizador do evento, resérvase o dereito de modificar o recorrido cando as circunstancias ou autoridades así o recomenden. A saída oficial da ruta será ás 9.00 horas e o peche do control será ás 14.30 horas.

Art3. Lugar de inscrición. Pódese facer a inscrición ata o mércores 18 de xuño de tres xeitos:

1) Na web:www.championchipnorte.com pagando por TPV virtual totalmente seguro.

2) Na páxina web da Mancomunidade Terra de Celanova,www.terradecelanova.es cubrindo o formulario e realizando o pago no número de conta (indicando nome, apelidos e DNI):

2080-0292-91-0040038650 da entidade NOVAGALICIABANCO

3) Nas oficinas da Mancomunidade Terra de Celanova

Calquera dúbida ou aclaración pode resolverse chamando o teléfono 988451646ou vía mail: terradecelanovasaudable@hotmail.com

Ningunha inscrición se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da mesma.

Art4. Prezos. Os prezos da inscrición serán os seguintes:

- Prezo para participantes: 6 euros. O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o dorsal e o chip de préstamo, a acceder ás duchas ó término da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa participación, aos avituallamentos, taller de bicis durante a proba, uso da zona de lavado de bicis e ao sorteo dunha vídeocámara outdoor.

- Prezo para participantes con dereito a xantar: 16 euros. O pago deste importe da dereito a todo o enumerado no apartado anterior máis o acceso ao xantar que terá lugar no Hostal O Miradoiro*** (Leirado) ás 15.00 horas.

- Prezo para acompañantes: 10€. Terán dereito ao xantar.

Art5. Recollida de dorsais: Poderanse recoller:

No control de saída, situado en Quintela de Leirado, na porta do concello (Leirado s/n) entre ás 8.00 e ás 8.45 horas do propio día 22 de xuño.

Art6. Todo participante inscrito está obrigado a levar casco e a seguir as indicacións dos axentes da autoridade e o persoal da organización habilitado.

Art7. Todo participante deberá situarse por detrás do vehículo da organización que se identifique como de apertura da proba e non rebasalo en ningún caso.

A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por falta de cumprimento do presente regulamento, da Lei de seguridade vial, así coma das instruccións dadas polo persoal habilitado pola organización, se poideran producir danos físicos ou morais, propios ou a terceiros, así coma outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas se poideran ocasionar.

A organización resérvase o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes naquela persoa que non presente o comportamento debido ou faga caso omiso as indicacións que reciba por parte dos membros habilitados pola organización.

Art8. A Ruta BTT, aínda que conta con chip de cronometraxe, ten un carácter lúdico e calquera clasificación ou tempos serán para único aproveitamento persoal dos participantes; polo que non se realizará ningún tipo de mención especial de orde de chegada considerando que tódolos participantes oficialmente inscritos e que realicen o percorrido completo son os verdadeiros vencedores deste evento deportivo.

Art9. A bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada e bote de auga ou mochila de hidratación.

Art10. A aceptación (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante da o seu consentimento á Organización para que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e difusión da Ruta BTT da Mancomunidade Terra de Celanova en tódalas súas formas (internet, carteis, medios de comunicación, etc).

Art.11. Os avituallamentos serán:

1. Líquido + sólido

2. Líquido + sólido

3. Líquido + sólido

4. Líquido + sólido (meta)

Art12. O feito de inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a renuncia a tódolos dereitos contra a Organización.

Art.13. Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI, xustificante da inscrición ou xustificante de pago por se fose necesario.



Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Alex




Registrado: 09 Ene 2014
Mensajes: 144

Reputación: 40.5Reputación: 40.5Reputación: 40.5Reputación: 40.5


MensajePublicado: Mie May 07, 2014 11:31 am    Asunto:   Responder citando

Habera que irlle jejejeje

_________________
LUUUUUUUMEEEEE, E SE ROMPE QUE ROMPA!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Pipo




Registrado: 09 Ene 2014
Mensajes: 177
Ubicación: A Merca
Reputación: 59.2


MensajePublicado: Jue May 08, 2014 10:05 pm    Asunto:   Responder citando



Non dou posto ben o cartel...onde repite o Titan Medina!!!
Volver arriba
Ver perfil de usuario Enviar mensaje privado
Mostrar mensajes de anteriores:   
Publicar nuevo tema   Responder al tema    Foros de discusión -> Marchas y Rutas Todas las horas son GMT
Todas las horas son GMT
Página 1 de 1


Cambiar a:  
Puede publicar nuevos temas en este foro
No puede responder a temas en este foro
No puede editar sus mensajes en este foro
No puede borrar sus mensajes en este foro
No puede votar en encuestas en este foro




Mapa del sitio - Powered by phpBB © 2001, 2007 phpBB Group

Crear radio | foros de Ciclismo | | soporte foros | Contactar | Denunciar un abuso | FAQ | Foro ejemplo